Iluminacións (XX)

Dentro dos materiais da memoria hai un espazo relevante para aquelas fotografías e recordos enviados desde o lonxe por xentes nacidas no Brueiro. Consideramos tamén de interese ver a maneira en como chegaba a presenza dos seres queridos por estes medios, e que era o que transmitían desde aqueles lugares onde estaban. Neste caso, desde Alemaña, nos anos 60 do século XX.